A Xunta colabora co Arcebispado de Santiago na posta en valor do patrimonio coa apertura de Igrexas no Camiño
― O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou hoxe co ecónomo do arcebispado, Fernando Barros, os convenios nos que a Xunta aporta 180.000 euros para colaborar na ampliación de horario de apertura de 11 igrexas na cidade compostelá e na instalación de reixas noutras 16 do Camiño Francés e Portugués para ver o seu interior ― …